


En xuño de 1989 –e no contexto das novas políticas sociais europeas que perseguen un dereito integral e construído sobre o diálogo social- a Comisión Europea toma a decisión de establecer unha Rede Europea contra a Pobreza para introducir a problemática da exclusión social na axenda política da UE e promover así a implementación de medidas efectivas que axuden a paliar a mesma.
Dita rede debía ser independente e estar composta por grupos nacionais representativos de cada un dos Estados Membro. Deste xeito, EAPN nace en España en 1991 e refúndase en 2004 como rede de ONGs comprometidas coa inclusión dos colectivos en risco.
Trala progresiva implantación de plataformas autonómicas no territorio nacional, EAPN Galicia nace en setembro de 2008 como resposta natural á necesidade de crear para a Comunidade unha ferramenta de intervención social capaz de elaborar estratexias que incidan nas políticas sociais desenvolvidas en Galicia.
EAPN Galicia propúxose un marco estratéxico a 4 anos que combina a organización dos traballos en grupos definidos, coa elaboración de mensaxes e propostas consensuadas. Este primeiro período estratéxico é fundamental para o fortalecemento interno, a traveso da participación efectiva e do incremento paulatino do número de socios e entidades, representantes de todos os colectivos en situación de pobreza ou en risco de exclusión.
©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15703 Santiago de Compostela
Tfno: 981561169 - Fax: 981561142