No Ano Europeo da Cidadanía, o IV Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva quere ser un espazo de aprendizaxe e reflexións que potencie o empoderamento das persoas, a súa verdadeira participación social e que apoie as súas capacidades para comprender e reconducir as dificultades e problemas que afectan ás súas vidas.
É un Encontro para as persoas coas que traballamos dende as diferentes entidades sociais, persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.
Distintas organizacións do Terceiro Sector consideramos necesario abordar unha reforma da Lei do Mecenado no contexto de crise actual, que está a ter un importante impacto na nosa sociedade cun notable incremento das necesidades sociais e unha redución significativa de recursos públicos.
Consideramos que a futura Lei debería considerar as seguintes cuestións:
Máis información no documento adxunto
A Rede contra a Pobreza, EAPN-Galicia convoca o III Concurso de Fotografía baixo o lema “Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia”. Está dirixodo a persoas que participan en programas socias e outros fotógrafos afeccionados.
O concurso aposta pola imaxe fotográfica como motor de inclusión social que nos axuda a facer visibles situacións de exclusión social ante o conxunto da sociedade e pon, a disposición das persoas en situación ou risco de exclusión social, un medio de expresión propio. Todo elo para que os poderes públicos dirixan a súa atención cara os colectivos máis vulnerables, situando ás persoas no primeiro plano da axenda política.
As fotografías presentadas ao concurso deberán estar relacionadas coa temática “A Pobreza e Exclusión Social en Galicia” e poderán reflectir aqueles aspectos que manifesten, de calquera xeito, a pobreza e a exclusión social na nosa comunidade autónoma.
O 15 de maio remata o prazo para a recepción dos traballos. Concederanse dous premios ás mellores imaxes e, unha selección daquelas que reúnan maior calidade ou interese formarán parte da “III Exposición de Fotografía Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social”
Descarga as bases completas (pdf) e accede á ficha de inscripción (word) en "descargar"
O Consello da Xunta do 25 de abril ven de aprobar o Anteproxecto de Lei de Inclusión Social de Galicia que, segundo informan, iniciará a súa tramitación parlamentario neste período de sesións.
O texto articula a Renda de Inclusión Social (actual RISGA) en tres tramos que pretenden adaptarse a cada caso concreto: persoal e familiar, de inserción e de transición cara o emprego. E establece a compatibilidade da mesma con traballos esporádicos.
Tamén aborda as Empresas de Inserción e as medidas de apoio ao emprego para as persoas en situación ou risco de exclusión social.
Pódese acceder ao texto completo pulsando “descargar” (abre en nova ventá)
Grazas á solidariedade das persoas contribuíntes que marcaron Fins Sociais na súa declaración da Renda, este 2013 case seis millóns de persoas en risco de exclusión social beneficiaranse dos programas financiados polo IRPF. Durante este ano poranse en marcha 1.103 proxectos sociais desenvolvidos por 425 ONG de Acción Social, ademais de centos de proxectos en países de África, América Latina e Asia realizados por ONG para o Desenvolvemento.
Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector social para concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.
O ano pasado recadáronse en Galicia, a través do cadro para Fins Sociais, 14,1 millón de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran o recadro de fins sociais destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas a cantidade final ascendería a 26 millóns de euros.
A nota de prensa completa pódese ler en "descargar"
Máis infomación sobre os programas que se financian en Galicia grazas ao IRPF óneste enlace (abre en nova ventá)
"O ano que deixamos ofrece moitas sombras dende a perspectiva dos dereitos sociais, do benestar social, e, en definitiva, dos valores con que se sostén o noso modelo social.
Alcanzáronse máximos históricos en desemprego e grandes aumentos da desigualdade, mentres que os procesos de empobrecemento e de inseguridade económica dos fogares españois chegaron a un punto de difícil retorno.
Os mecanismos de aseguramento da sociedade debilitáronse, e as políticas de austeridade xeraron unha maior vulnerabilidade da sociedade española"
Así comeza o Informe FOESSA 2013, un referente para entender a situación de pobreza e vulnerabilidade social en España.
O informe completo pódese ler picando sobre o enlace: "Desigualdade e dereitos sociais" (abre en ventá nova).
O resumo está dispoñible no botón "descargar"
O obxectivo da Estratexia Europa 2020 establecía unha redución de polo menos 20 millóns de persoas en situación de risco de pobreza para a UE. No caso de España, o obxectivo acordado é reducir entre 1.400.000 e 1.500.000 o número de persoas en risco de pobreza ou exclusión social no período 2009-2019. Este dato non só non se alcanzou senón que ha ir aumentando alarmantemente.
O 27 de novembro EAPN-Es publicaba o Informe “Impactos da crise” no que a través do seguimento do indicador AROPE (ten en conta a privación material, a renda e a intensidade de traballo) demóstrase que a pobreza e a desigualdade en España non deixaron de crecer.
No ano 2011, o índice de pobreza e exclusión para España subiu 1,5 puntos porcentuais e alcanza ao 27% do total da poboación. Isto supón un aumento de 751.071 persoas que, sumadas ás anteriores, alcanzan os 12.741.434 persoas. Galicia, aínda que se atopa por baixo da media, se sufriu un aumento da pobreza de 2009 a 2011.
Para medir o crecemento da desigualdade o informe analiza a relación de renda entre o 20 % máis rico e o 20 % máis pobre da poboación, mostrando que nos anos de bonanza a renda do 20 % máis rico era un cinco veces superior á renda de 20 % máis pobre. Con todo, actualmente o 20 % máis rico gaña un sete veces o que o 20 % máis pobre da poboación.
As transferencias sociais e os recursos de apoio ás persoas en situación poderían facer fronte a esta situación de emerxencia social. Non obstante España está moi por baixo da media europea en gasto en protección social. O noso país, dedicou o 25,7% do seu PIB á protección social no ano 2010, máis de catro puntos por baixo da media europea, segundo o Eurostat.
A gravidade da situación, indica a urxente necesidade de reformular as medidas de protección á cidadanía, tanto no que se refire á loita contra a pobreza e a exclusión social, como na contención da desigualdade.
O informe completo: nesta ligazón.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou os datos da Enquisa de Condicións de Vida da poboación española para 2011. Segundo este informe, o 21,1% da poboación atópase por baixo do limiar de pobreza este ano, fronte ao 21,8% de 2011, un descenso de sete décimas que se explica polo efecto da estabilidade dos ingresos dos maiores de 65 anos, a pesar da redución dos percibidos polo resto da poboación.
Case o 36% dos parados atópase en risco de pobreza fronte a un 13,3% dos ocupados. Tamén hai unha notable diferenza entre poboación estranxeira e española, un 43,5% dos estranxeiros fronte a un 19,8% dos españois. O 40% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos. Son catro puntos máis que o ano anterior. Sitúase no 44% o número de familias que non pode ir de vacacións e aumentan até o 7% os fogares que teñen atrasos para pagar as facturas. O nivel medio de ingresos descende un 1,9% respecto de 2011, situándose o nivel de 2006.
O Coeficiente Gini que se emprega para medir a desigualdade, sitúase no 34%, subindo catro puntos dende o inicio da crise en 2008.

Galicia (18,8%) atópase tres puntos por baixo da media estatal, aínda que moi afastada de Asturias (9,9%) ou Navarra (8.8%) que son as que teñen menor índice de pobreza. É notable o aumento da taxa de risco de pobreza en Galicia en comparación co ano anterior (2010: 16,8%).
Un dato de especial gravidade é que máis do 60% da poboación en Galicia ten xa dificultades (moitas dificultades, certas ou dificultades) para chegar a fin de mes.
Por último sinalar que o INE calcula o limiar de pobreza nuns ingresos medios anuais determinados. Para calculalo séguense as indicacións da oficina europea Eurostat que sitúa o limiar no 60% do consumo medio. Por tanto, o limiar sobe ou baixa segundo aumente a media de ingresos, se a economía marcha ben e os ingresos medios son elevados, tamén se eleva o limiar de pobreza. Este ano as persoas que viven na pobreza son “aínda máis pobres” que o ano anterior.
NOTA DE PRENSA DO INE: pulsa aquí
Hoxe máis que nunca este día toma unha especial relevancia. As cifras son alarmantes: en Galicia, case 650.000 persoas viven na pobreza, 111.305 persoas que sofren privación material severa e a quinta parte dos menores galegos viven nun fogar pobre.
Ante esta grave situación, EAPN-Galicia fai un chamamento ao conxunto de forzas políticas ante as próximas eleccións autonómicas, para que sitúen como prioridade absoluta o mantemento e incremento dos niveis de protección social e a redución dos niveis de exclusión social das persoas máis vulnerables. Esiximos un compromiso firme coa non redución das partidas destinadas aos Servizos Socias Básicos para os colectivos en risco de exclusión social e coa efectiva blindaxe do orzamento destinado aos servizos sociais.

Podes ver as nosas propostas no documentos adxunto.
Un Seminario que nos ofrece a oportunidade de coñecer información de última hora sobre a situación na que se atopa a negociación sobre FFEE para os próximos anos.

©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15707 Santiago de Compostela
Tfno: 881 957 284 - info@eapn-galicia.com