RSS
Imprime contenidoEnviar a un amigo

NOTA: La información suministrada no se almacenará en ninguna base de datos y por tanto no será utilizada con ningún otro fin más que ser un servicio añadido al web.

Participación e Formación

Documentos:

CLÁUSULAS SOCIAIS E RESERVA DE MERCADO NA CONTRATACIÓN PÚBLICA

13 DE XULLO. FUNDACIÓN CAIXA GALICIA. RÚA DO VILAR, SANTIAGO DE COMPOSTELA

Á hora de contratar a terceiros para a xestión dos servizos sociais, as administracións públicas deben atender a criterios socialmente responsables e garantir espazos para a inclusión de todos os colectivos vulnerables. Tales son as premisas que guíaron o “Foro de debate sobre cláusulas sociais e reserva de mercado na contratación pública”, que promoveu a Rede Galega contra a Pobreza, EAPN Galicia.

Nos últimos anos, o modelo de prestación de servizos sociais está a mudar da subvención á contratación. A raíz deste cambio, as administracións públicas  tenden a licitar a xestión destes servizos dando excesivo valor ao prezo, o que afecta negativamente á súa calidade.  

A xestión dos servizos sociais adxudícase moitas veces a entidades alleas ao sector social que só ven na mesma unha oportunidade de negocio. Este contexto ameaza, xa que logo, con prescindir do enfoque humano, a experiencia a pé de rúa e os valores de participación cidadá que lles son inherentes ás entidades de acción social. 

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) propón a incorporación de cláusulas sociais na contrataciónpública, para que esta obedeza a criterios de inclusividade, calidade das condicións laborais, sostibilidade, solidariedade e xestión ética.  Asemade, a rede propón a aplicación da reserva de mercado –porcentaxe mínima de contratación- para todos os colectivos en risco de exclusión social, xa que actualmente só rexen para o colectivo de persoas con discapacidade.  

Tanto as cláusulas sociais como a reserva de mercados protexidos son instrumentos que contribúen á inserción sociolaboral das persoas e colectivos máis vulnerables da sociedade. Trátase dunha liña de políticas activas de emprego propia dun modelo de desenvolvemento económico social e sostible.

Máis Información: prema nos nomes para acceder ao vínculo:

Taula d´Entitats de Catalunya – Cláusulas Sociais

Concello de Avilés

Xunta Consultiva de Contratación Administrativa

Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local, Coruña

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA

 

PARTICIPACIÓN EFECTIVA

Resolución 1/2010

Descargar documento(51,16 Kb)

CONTRATACIÓN E TERCEIRO SECTOR

Resolución 2/2010

Descargar documento(98,22 Kb)

URXENCIA: CENTROS DE INCLUSIÓN SOCIAL

Resolución 3/2010

Descargar documento(50,98 Kb)

PROPOSTAS AO PLAN DE ACTUACIÓN SOCIAL

Xerando Reflexión

Descargar documento(118,38 Kb)

I ENCONTRO GALEGO DE CIDADANÍA INCLUSIVA

Manifesto Participantes

Descargar documento(109,50 Kb)

CONSTRUÍNDO UNHA EUROPA PARA TODOS

RENDAS MÍNIMAS

©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal

Rúa da Muíña, nº24 - 15703 Santiago de Compostela

Tfno: 981561169 - Fax: 981561142

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW