/
Novas
Prema na imaxe para acceder á web
23 de Febreiro de 2010. La Voz de Galicia
Santiago.- Marga Mosteiro
A Concellería de Benestar Social, presentou onte a páxina web Compostela Integra, que aglutinará o traballo desenvolvido por dito departamento e varias entidades sociais de Santiago que traballan con colectivos de difícil inserción sociolaboral. A pretensión é que esta páxina coordine os esforzos de todos e permita así sacar un mellor rendemento aos recursos. A páxina terá dúas partes: unha intranet, á que só terán acceso as entidades sociais e que serviralles para estar comunicados entre sí e para intercambiar experiencias e opinións. A outra parte, aberta ao público en xeral, servirá para que os composteláns teñan información sobre os programas postos en marcha polas asociacións e polo departamento municipal de Benestar Social. Polo de agora, os programas que xa están en marcha do departamento de Promoción Económica e Emprego dirixidos específicamente para colectivos de difícil inserción (parados de longa duración, mulleres ou membros de colectivos en risco de exclusión) non estarán incluídos en Compostela Integra, aínda que nalgúns casos cóntase coa colaboración dalgunhas das entidades que sí informarán da súa planificación na nova web.
A concelleira de Benestar Social destacou especialmente o obxectivo dirixido a «mellorar a coordinación entre as entidades participantes», que forman xa a Rede de Inserción Socio-laboral. Esta rede é, de momento, a única que está constituida na web, pero espérase que pouco a pouco vaianse creando novas redes sociais para intercambiar experiencias e traballos.
A Rede de Inserción Sociolaboral está formada por: o equipo de inclusión sociolaboral, Unidade Técnica de Migracións e Inmigracións e Unidade Municipal de Atención a Drogodependientes (do departamento de Benestar Social); así mesmo, están integradas Cáritas, COGAMI, Cruz Vermella, Down Compostela, as federaciones de Persoas con discapacidade intelectual de Galicia, de Persoas Xordas de Galicia, Persoas con enfermidade mental; a asociación para o Emprego e a Formación de Persoas con Discapacidade; Fundación Secretariado Xitano; Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Plataforma polo Emprego e Asistencia e Investigación dos trastornos da personalidade.
9 de Febreiro de 2010. El Correo Gallego
Santiago.- Mónica Nogueira
El municipalismo gallego hizo los deberes, y en un esprín final -faltando cuatro días para finalizar el plazo de presentación de solicitudes- logró multiplicar por cuatro el número de proyectos presentados ante el Ministerio de Política Territorial para su financiación con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local. Así, los concellos proponen la ejecución de 2.221 proyectos, que contarán con un presupuesto de 301 millones.
Según los datos facilitados ayer por el Ministerio, entre los proyectos de inversión se incluyen un total de 1.904, con una partida presupuestaria de 275.482.875,29 euros; mientras que en el apartado de programas sociales, desde Galicia fueron presentadas 317 iniciativas, dotadas de un presupuesto de 25.337.479,22 euros. El balance final viene a confirmar, como ya adelantó EL CORREO GALLEGO en su edición del pasado domingo, el abrumador interés de los concellos por emprender nuevas obras, frente a un escaso 14% de iniciativas relativas a programas sociales. Los datos hablan por sí mismos, pues solo una de cada diez actuaciones que confían en ejecutar este año los concellos con esta inyección estatal no requiere obras de algún tipo. En toda España se han presentado 25.389 proyectos de inversión, con un presupuesto de 4.248 millones, y otros 5.231 para gasto social, cuya cuantía es de 737 millones. Entre los primeros el departamento que preside Manuel Chaves distingue entre los que generan sostenibilidad económica (30,93%, ahorro energético, nuevas tecnologías, etc...), los de sostenibilidad medioambiental (32,16%, saneamiento, residuos, transporte... ), y social (36,91%, centros sanitarios, educativos, dependencia...). La dotación media por proyecto es de 167.346 euros, mientras que el de gasto social es de 140.918 euros, según los cálculos del Ministerio de Política Territorial.
Obras este mismo mes
Chaves afirmó que el primer municipio en registrar su solicitud al nuevo Plan E fue de A Veiga (Ourense) y únicamente nueve en España no lo hicieron, ninguno en Galicia. Corroboró que en los últimos días de plazo hubo una "acumulación" de proyectos y que el Ministerio ya autorizó el 26% de las iniciativas, lo que permitirá que las obras comiencen ya en este mismo mes.
mnogueira@elcorreogallego.es
Santiago, 3 de decembro de 2009.- Un total de trinta representantes de Entidades Non Lucrativas procedentes de toda Galicia reuníronse en Santiago para reflexionar sobre os principios e as ferramentas das que dispoñen as Organizacións Non Lucrativas para render contas do modus operandi e dos resultados das súas actuacións, e reforzar deste xeito a súa credibilidade e en definitiva aumentar a súa capacidade transformadora. Este seminario está organizado pola Fundación Luis Vives e a propia European Anti Poverty Network de Galicia (EAPN – Galicia) e desenvolveuse na sede do Instituto Galego para a Xestión do Terceiro Sector (IGAXES3). O financiamento procede do Fondo Social Europeo e da Secretaría Xeral de Familia e Benestar da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
O seminario analiza a necesidade de que as Organizacións Non Lucrativas aumenten a súa transparencia e rendan contas ante as súas partes interesadas internas e externas, entre estas últimas a cidadanía e os poderes públicos; informando sobre a estratexia, o impacto, o custo e o desenvolvemento de cada unha das accións realizadas.
Achegarse á transparencia dende definición de accountability, significa entender que o concepto conleva tanto a obriga legal como a moral: de informar sobre as políticas e actuacións da organización, de xustificar as súas actuacións, e de someterse a calquera tipo de control adecuado para verificar a consistencia de dita información.

©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15703 Santiago de Compostela
Tfno: 981561169 - Fax: 981561142