A Rede contra a Pobreza, EAPN-Galicia convoca o III Concurso de Fotografía baixo o lema “Cidadanía Inclusiva: Pobreza e Exclusión Social en Galicia”. Está dirixodo a persoas que participan en programas socias e outros fotógrafos afeccionados.
O concurso aposta pola imaxe fotográfica como motor de inclusión social que nos axuda a facer visibles situacións de exclusión social ante o conxunto da sociedade e pon, a disposición das persoas en situación ou risco de exclusión social, un medio de expresión propio. Todo elo para que os poderes públicos dirixan a súa atención cara os colectivos máis vulnerables, situando ás persoas no primeiro plano da axenda política.
As fotografías presentadas ao concurso deberán estar relacionadas coa temática “A Pobreza e Exclusión Social en Galicia” e poderán reflectir aqueles aspectos que manifesten, de calquera xeito, a pobreza e a exclusión social na nosa comunidade autónoma.
O 15 de maio remata o prazo para a recepción dos traballos. Concederanse dous premios ás mellores imaxes e, unha selección daquelas que reúnan maior calidade ou interese formarán parte da “III Exposición de Fotografía Prioridade 1: Pobreza e Exclusión Social”
Descarga as bases completas (pdf) e accede á ficha de inscripción (word) en "descargar"
O Consello da Xunta do 25 de abril ven de aprobar o Anteproxecto de Lei de Inclusión Social de Galicia que, segundo informan, iniciará a súa tramitación parlamentario neste período de sesións.
O texto articula a Renda de Inclusión Social (actual RISGA) en tres tramos que pretenden adaptarse a cada caso concreto: persoal e familiar, de inserción e de transición cara o emprego. E establece a compatibilidade da mesma con traballos esporádicos.
Tamén aborda as Empresas de Inserción e as medidas de apoio ao emprego para as persoas en situación ou risco de exclusión social.
Pódese acceder ao texto completo pulsando “descargar” (abre en nova ventá)
Grazas á solidariedade das persoas contribuíntes que marcaron Fins Sociais na súa declaración da Renda, este 2013 case seis millóns de persoas en risco de exclusión social beneficiaranse dos programas financiados polo IRPF. Durante este ano poranse en marcha 1.103 proxectos sociais desenvolvidos por 425 ONG de Acción Social, ademais de centos de proxectos en países de África, América Latina e Asia realizados por ONG para o Desenvolvemento.
Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector social para concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.
O ano pasado recadáronse en Galicia, a través do cadro para Fins Sociais, 14,1 millón de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran o recadro de fins sociais destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas a cantidade final ascendería a 26 millóns de euros.
A nota de prensa completa pódese ler en "descargar"
Máis infomación sobre os programas que se financian en Galicia grazas ao IRPF óneste enlace (abre en nova ventá)
"O ano que deixamos ofrece moitas sombras dende a perspectiva dos dereitos sociais, do benestar social, e, en definitiva, dos valores con que se sostén o noso modelo social.
Alcanzáronse máximos históricos en desemprego e grandes aumentos da desigualdade, mentres que os procesos de empobrecemento e de inseguridade económica dos fogares españois chegaron a un punto de difícil retorno.
Os mecanismos de aseguramento da sociedade debilitáronse, e as políticas de austeridade xeraron unha maior vulnerabilidade da sociedade española"
Así comeza o Informe FOESSA 2013, un referente para entender a situación de pobreza e vulnerabilidade social en España.
O informe completo pódese ler picando sobre o enlace: "Desigualdade e dereitos sociais" (abre en ventá nova).
O resumo está dispoñible no botón "descargar"
Bruxelas acollerá, entre o 7 e o 9 de marzo, un Encontro sobre participación activa de persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social. Ruth Casas, da Asociación Boa Vida (integrada na Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social, EAPN-Galicia) formará parte da delegación española.
As Redes Europeas de Loita contra a Pobreza (EAPN) de España, Portugal e Bélxica, así como a FNARS e a Fundación do Exército de Salvación de Francia traballarán conxuntamente en estratexias que promoven a participación das persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social cara a súa inclusión na sociedade.
A Rede galega aposta por construír espazos de reflexión que permitan situar á persoa no centro da acción pola inclusión social.
A Asociación Boa Vida xa ten experiencia nestes Encontros: o pasado mes de novembro xa formou parte da delegación española na cidade portuguesa de Porto na que abordaron as dificultades e desafíos aos que se enfrontan tanto as entidades sociais como as persoas coas que traballan.
Celebramos a entrada na Rede Galega contra a Pobreza de dúas entidades que, de seguro, enriquecerán o traballo da EAPN-Galicia na loita contra a pobreza e a exclusión social:

A Asociación Boa Vida Inclusión Social Activa, "está formada por persoas agradables, con problemas de todo tipo, con dificultades, en situación de vulnerabilidade social, que se reunen para levar a vida mellor (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, ser referentes) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo".
Son de Pontevedra e comparten a súa actividade a través de Facebook e do blog http://boavidacasaazul.blogspot.com.es/
Tamén temos a sorte de contar con FEGADACE, a Federación Galega de Dano Cerebral da que forman parte as asociacións da Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Santiago de Compostela.
O seu obxectivo básico é a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas galegas por dano cerebral e dos seus familiares.
A sede da Federación está en Santiago e podemos seguir a súa actividade a través de Facebook e do blog http://fegadace.wordpress.com/
A Fundación Luis Vives organiza dentro da segunda edición do Anuario do Terceiro Sector nove seminarios en nove comunidades autónomas distintas, un dos cales tivo lugar o 27 de novembro en Santiago de Compostela coa colaboración de EAPN-Galicia. O 18 de decembro presentáronse os resultados en Madrid.
O TSAS en España está formado por case 30.000 entidades, xerando emprego para máis de 600.000 persoas e prestando atención a través delas en 47,6 millónss de ocasións. (case un 30% máis que en 2007).
As actividades do TSAS supoñen o 1,62% do Producto Interior Bruto de España, unha porcentaxe maior que o que representaba en 2008 (1,42%). Se engadimos os gastos de entidades como Cáritas, Cruz Roja e ONCE, o dato increméntase ao 1,88% en 2010.
Como reflicte o resultado do informe, o impacto da crise económica sobre as entidades é evidente, cuestión que previsiblemente agravouse neste ano. En 2010, oito de cada dez entidades recoñecían dificultades de financiación, un 20% máis que en 2008. A financiación e a captación de recursos económicos será un dos retos aos que o sector debe facer fronte.
Outro dos retos que recolle o Anuario é a visibilización do Terceiro Sector, tema relacionado coa comunicación. Por isto, no Seminario que tivo lugar en Santiago o 27 de novembro contamos cunha Conferencia inaugural a cargo de Xosé Manuel Baamonde Silva, Douctor en Ciencias da Información e Profesor na Universidade de Vigo, sobre “Comunicación e visualización do Terceiro Sector”. As estratexias de comunicación toman cada vez un papel máis relevante nas entidades e debe ser unha das nosas prioridades para crear comunidade.
Podes acceder ao resumo do Anuario TSAS neste enlace: http://www.fundacionluisvives.org/
Podes acceder á presentación de Xosé Baamonde na opción Descargar
A Estratexia Europa 2020 da UE comprométese a reducir o número de persoas en situación ou risco de pobreza en polo menos 20 millóns. Lonxe de conseguir este obxectivo, 120 millóns de persoas na UE que se atopaban en risco de exclusión social ou pobreza, segundo os últimos datos publicados polo Eurostat.
Os principais mecanismos da UE para facer fronte a esta situación son:

O actual Programa de Alimentos levado a cabo pola UE suspenderase a finais de 2013 e será substituído polo Fondo Europeo de Axuda aos Máis Necesitados. En teoría, o Fondo apoiará aos Estados membros para que fornezan alimentos ás persoas máis necesitadas, pezas de vestir e outros artigos de primeira necesidade ás persoas sen fogar e os nenos en situación de privación material.
Sen embargo, EAPN considera que é necesario ter en conta que este Fondo que se presenta como "novo", realmente é unha rebaixa do nivel de compromiso e de solidariedade europea coas persoas que viven en situacións máis extremas en Europa, xustamente nos momentos en que estes son máis necesarios. Co novo Fondo pasaríase dos 18 millóns de beneficiarios dos últimos anos a 4 millóns, "os que estean en peor condición".
O posicionamento completo na opción Descargar.
O obxectivo da Estratexia Europa 2020 establecía unha redución de polo menos 20 millóns de persoas en situación de risco de pobreza para a UE. No caso de España, o obxectivo acordado é reducir entre 1.400.000 e 1.500.000 o número de persoas en risco de pobreza ou exclusión social no período 2009-2019. Este dato non só non se alcanzou senón que ha ir aumentando alarmantemente.
O 27 de novembro EAPN-Es publicaba o Informe “Impactos da crise” no que a través do seguimento do indicador AROPE (ten en conta a privación material, a renda e a intensidade de traballo) demóstrase que a pobreza e a desigualdade en España non deixaron de crecer.
No ano 2011, o índice de pobreza e exclusión para España subiu 1,5 puntos porcentuais e alcanza ao 27% do total da poboación. Isto supón un aumento de 751.071 persoas que, sumadas ás anteriores, alcanzan os 12.741.434 persoas. Galicia, aínda que se atopa por baixo da media, se sufriu un aumento da pobreza de 2009 a 2011.
Para medir o crecemento da desigualdade o informe analiza a relación de renda entre o 20 % máis rico e o 20 % máis pobre da poboación, mostrando que nos anos de bonanza a renda do 20 % máis rico era un cinco veces superior á renda de 20 % máis pobre. Con todo, actualmente o 20 % máis rico gaña un sete veces o que o 20 % máis pobre da poboación.
As transferencias sociais e os recursos de apoio ás persoas en situación poderían facer fronte a esta situación de emerxencia social. Non obstante España está moi por baixo da media europea en gasto en protección social. O noso país, dedicou o 25,7% do seu PIB á protección social no ano 2010, máis de catro puntos por baixo da media europea, segundo o Eurostat.
A gravidade da situación, indica a urxente necesidade de reformular as medidas de protección á cidadanía, tanto no que se refire á loita contra a pobreza e a exclusión social, como na contención da desigualdade.
O informe completo: nesta ligazón.
Este Foro foi aplazado para o 11 de decembro de 2012.
O Programa Foros Galegos de Solidariedade (FGS) é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia que quere converterse nun espazo de encontro e interacción dos axentes de participación social e voluntariado en Galicia. Por iso EAPN tiña que estar presente. Carlos Susías, Presidente de EAPN-España fará o relatorio inaugural "A contribución social do terceiro sector: o discurso do propio sector" e Xosé Cuns, Vicepresidente de EAPN-Galicia, participará na mesa redonda "A contribución social do terceiro sector: unha conversa entre os distintos sectores".

Este foro será un lugar de encontro privilexiado para persoas que participan no terceiro sector de acción social de Galicia, persoas beneficiarias da súa acción social, políticos e persoal da administración do ámbito do benestar social, e outros axentes sociais interesados en participar nun diálogo de reflexión sobre o valor que aporta o terceiro sector na sociedade.
A inscrición é gratuita e se pode facer a través deste enlace: preme aquí(tamén pódese consultar o resto do programa)
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou os datos da Enquisa de Condicións de Vida da poboación española para 2011. Segundo este informe, o 21,1% da poboación atópase por baixo do limiar de pobreza este ano, fronte ao 21,8% de 2011, un descenso de sete décimas que se explica polo efecto da estabilidade dos ingresos dos maiores de 65 anos, a pesar da redución dos percibidos polo resto da poboación.
Case o 36% dos parados atópase en risco de pobreza fronte a un 13,3% dos ocupados. Tamén hai unha notable diferenza entre poboación estranxeira e española, un 43,5% dos estranxeiros fronte a un 19,8% dos españois. O 40% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos. Son catro puntos máis que o ano anterior. Sitúase no 44% o número de familias que non pode ir de vacacións e aumentan até o 7% os fogares que teñen atrasos para pagar as facturas. O nivel medio de ingresos descende un 1,9% respecto de 2011, situándose o nivel de 2006.
O Coeficiente Gini que se emprega para medir a desigualdade, sitúase no 34%, subindo catro puntos dende o inicio da crise en 2008.

Galicia (18,8%) atópase tres puntos por baixo da media estatal, aínda que moi afastada de Asturias (9,9%) ou Navarra (8.8%) que son as que teñen menor índice de pobreza. É notable o aumento da taxa de risco de pobreza en Galicia en comparación co ano anterior (2010: 16,8%).
Un dato de especial gravidade é que máis do 60% da poboación en Galicia ten xa dificultades (moitas dificultades, certas ou dificultades) para chegar a fin de mes.
Por último sinalar que o INE calcula o limiar de pobreza nuns ingresos medios anuais determinados. Para calculalo séguense as indicacións da oficina europea Eurostat que sitúa o limiar no 60% do consumo medio. Por tanto, o limiar sobe ou baixa segundo aumente a media de ingresos, se a economía marcha ben e os ingresos medios son elevados, tamén se eleva o limiar de pobreza. Este ano as persoas que viven na pobreza son “aínda máis pobres” que o ano anterior.
NOTA DE PRENSA DO INE: pulsa aquí
Hoxe máis que nunca este día toma unha especial relevancia. As cifras son alarmantes: en Galicia, case 650.000 persoas viven na pobreza, 111.305 persoas que sofren privación material severa e a quinta parte dos menores galegos viven nun fogar pobre.
Ante esta grave situación, EAPN-Galicia fai un chamamento ao conxunto de forzas políticas ante as próximas eleccións autonómicas, para que sitúen como prioridade absoluta o mantemento e incremento dos niveis de protección social e a redución dos niveis de exclusión social das persoas máis vulnerables. Esiximos un compromiso firme coa non redución das partidas destinadas aos Servizos Socias Básicos para os colectivos en risco de exclusión social e coa efectiva blindaxe do orzamento destinado aos servizos sociais.

Podes ver as nosas propostas no documentos adxunto.
O 6 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela tivo lugar o III Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva. O obxectivo foi crear un espazo de intercambio de experiencias e reflexións que permitan situar á persoa no centro da acción pola inclusión.
Co empoderamiento como meta fundamental, buscamos a verdadeira participación social e a visibilización das situacións de exclusión.
Este Encontro estivo dirixido a entidades sociais: persoal técnico, participantes nos seus programas e voluntariado.
MÁIS INFORMACIÓN: preme aquí

Terá lugar o xoves 27 de setembro ás 21.40 en V Televisión
Aproxímanse o inicio da campaña electoral e o Día Internacional da Loita contra a Pobreza, por iso EAPN-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD toman a palabra e preguntan en directo aos representantes dos principais partidos políticos de Galicia sobre a pobreza.
Accede ao programa completo e máis información nesta ligazón: preme aquí

¿Qué lles preguntarías ti? Séguelo tamén a través do noso Twitter: @EAPNGalicia
Un Seminario que nos ofrece a oportunidade de coñecer información de última hora sobre a situación na que se atopa a negociación sobre FFEE para os próximos anos.

As entidades membro da Rede Galega contra a Pobreza - EAPN, CERMI Galicia e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), reclamamos en rolda de prensa, que se manteñan os servizos no eido social galego e se evite o desmantelamento que suporía a aplicación dos recurtes aprobados polo goberno central.
Reclamamos o compromiso explícito das Administracións Públicas, e os grupos parlamentarios no mantemento de prestacións e servizos sociais no ámbito galego.
Descarga a nota de prensa
- Foro leva por título “Déficit Público vs. Déficit Fiscal”.
- Expertos, técnicos da Administración Pública e de diferentes entidades sociais danse cita para analizar esta problemática.
EAPN-Es e EAPN-Galicia organizan o II Foro sobre Pobreza, Exclusión Social e Voluntariado: “Déficit público vs. Déficit Fiscal” para contribuír a situar a realidade da pobreza e a exclusión social no primeiro plano da axenda política e mediática.
Tamén queremos visibilizar a importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.
Celebrouse o 28 e 29 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (Campus Sur) de Santiago de Compostela, nos que partindo de conferencias e coloquios abordaremos tres grandes temas:
Contamos, entre otros, coa participación de Jose Manuel Ramirez Navarro, Presidente de la Asociación de Directores y Gerentes de Servicios Sociales, Carlos Cruzado, Presidente del Sindicato de Técnicos de Hacienda (GESTHA) e Fabio Gándara de Democraciarealya e Change.org.
Mais información sobre o Foro, así como algunhas das intervencións dos relatores neste enlace: preme aquí.
Podes acceder ao programa completo en: Descargar
- Celebrarase en Málaga os vindeiros 14, 15 e 16 de xuño.
- Está organizado por EAPN-Es e EAPN-Andalucía.
Este VIII Encontro de Participación é unha iniciativa que trata de pór ás persoas como centro das nosas actividades como Rede e poñer de relevo a realidade económica, social e política que existe nese momento en Europa e no noso país.
Para máis información: preme aquí.
115 millóns de persoas viven en situación de pobreza ou exclusión na UE, é dicir unha de cada catro. Por iso, un conxunto de ONGs, entre elas a Rede Europea de Loita contra a Pobreza uníronse para pedir á Comisión Europea que se destine un 20% do Fondo Social Europeo á inclusión social e a redución da pobreza e garantir que este Fondo recibe polo menos o 25% destinado a Fondos Estruturais.

Para asinar a petición:preme aquí.
Para máis información: preme aquí.
Case unha vintena de entidades sociais, entre las que se encuentra la EAPN, han presentado ao Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (DESC) da ONU un Informe no que se analiza o estado destes dereitos fundamentais en España e establécense unha serie de recomendacións para evitar a súa vulneración.
O Informe lémbranos que unha de cada catro acodes está en risco de pobreza en España, un indicador que aumentou coa crise desde 2008 e posúe a segunda maior taxa de pobreza infantil dos países da OCDE.
Máis información premendo neste enlace.
A Alianza Española contra a Pobreza, da que forma parte EAPN, emitiu un manifesto en contra dos Orzamentos Xerais (PGE) para 2012 por ser inxustos, desproporcionados e insolidarios. Ademais, ofrece alternativas aos recortes sociais, como perseguir o fraude fiscal ou establecer un imposto sobre as transaccións financieiras.
Para mais información pincha sobre a imaxe.
O acto foi presidido pola ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato que destacou o labor desta Plataforma xa que considera que "vai facilitar a interrelación do Goberno co terceiro sector". Durante a presentación a Ministra animou a outras entidades a adherirse e confirmou a súa intención de cambiar o ámbito lexislativo que regula o terceiro sector. Ademais, o presidente da Plataforma do Terceiro Sector, Luciano Poyato que deixou claro que "a nosa sociedade non pode falar de progreso, se deixa atrás a parte das persoas que a compoñen".
A Plataforma do Terceiro Sector é unha entidade sen ánimo de lucro que pretende defender o valor do social desde unha voz unitaria, á vez que tenta promover solucións en favor dos colectivos máis desfavorecidos, protexer os dereitos sociais e impulsar a igualdade entre as persoas.
Está formada pola Plataforma de ONG de Acción Social (POAS); a Plataforma do Voluntariado de España (PVE); a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social do Estado Español (EAPN-Es); o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi); Cruz Vermella Española; Cáritas e o ONCE.
O pasado 26 de marzo presentouse un informe que valora o grao de madurez dos Servizos Sociais en España, por cada Comunidade Autónoma. O índice que se utiliza para realizar o estudo consta de tres grandes áreas de medida: Dereitos e decisión política, Relevancia Económica e Cobertura.
A primeira evidencia é que os servizos sociais en España atópanse nun desenvolvemento débil, precisamente cando son tan necesarios para abordar a gravísima situación en que se atopan centos de miles de persoas e familias afectadas pola crise.

Galicia cunha cualificación de "Irrelevante" e unha puntuación global de 5,10 ocupa o posto nº 10 en relación co resto de Comunidades Autónomas. Non alcanza a Excelencia en ningún dos tres aspectos analizados. Ademais o estudo permítenos coñecer os puntos fortes e débiles dos Servizos Sociais de cada Autonomía.
Máis información nesta ligazón.
A Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) participa na Xornada “Novas Propostas para Novos Tempos” organizada por EAPN-España en Madrid.

Xosé Cuns, vicepresidente de EAPN-Galicia, e Maite Serra, directora, asisten o día 15 de marzo á Xornada “Novas Propostas para Novos Tempos” organizada por EAPN-España en Madrid. O obxectivo é elaborar e propor unha serie de medidas a tomar a curto e medio prazo, ante as consecuencias sociais da crise económica e das respostas institucionais e sociais que se están dando.
Analizamos os últimos datos sobre emprego, educación e pobreza que evidencian diferenzas entre homes e mulleres.
Segundo a información facilitada polo INE, podemos dicir que estamos ante una feminización dapobreza xa que en todos os tramos de idade a taxa de risco de pobreza é superior para estas. Perciben de media un 22% menos no seu salario que os homes, teñen escasa presenza en postos de responsabilidade e presentan unha taxa de desemprego maior. Con todo, as mulleres son maioría en estudos superiores, incluído o doutoramento, e obteñen mellor rendemento académico que os seus compañeiros homes.
O pasado mes de febreiro coñecemos máis datos sobre a situación da pobreza e a exclusión en España grazas a dúas publicacións: "Impactos sobre a crise" de EAPN-Madrid e "Exclusión e Desenvolvemento Social en España" da Fundación FOESSA. Os resultados pon de manifesto a gravidade da situación no noso país e tamén na nosa comunidade autónoma.
No Documento IMPACTOS SOBRE A CRISE realízanse un seguimento do indicador europeo AROPE para estudar a evolución do risco de pobreza e exclusión social en España 2009-2010.
Doutra banda a Fundación FOESSA publicou o Informe "Exclusión e Desenvolvemento Social en España 2012. Análise e Perspectivas", que consiste nunha análise detallada dos distintos indicadores sociais dispoñibles sobre Renda e Desigualdade, Emprego, Pobreza, Dereitos e Servizos sociais. Ademais, analiza o futuro da cooperación ao desenvolvemento no marco da crise económica e as ameazas que se ciernen sobre a Estratexia Europa 2020.
A Plataforma do Terceiro Sector nace coa intención de loitar polos derechos sociais, o Estado de Bienestar e a defensa das persoas máis desfavorecidas. Esta nova entidade ten entre as súas prioridades o fomento activo da articulación do Terceiro Sector en todo o territorio e o fomento dun clima de cooperación coas plataformas xa existentes nalgúns ámbitos territoriais, ás que convidará o diálogo e á súa posible participación futura.
Está composta pola Plataforma de ONG de Acción Social (POAS); a Plataforma do Voluntariado de España (PVE); a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social do Estado Español (EAPN-É); o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi); Cruz Vermella Española; Cáritas e o ONCE.
.jpg)
A primeira Asemblea Xeral tivo lugar o 10 de xaneiro de 2012 en Madrid na que participaron setenta e catro representantes das diferentes entidades que compoñen a Plataforma. Entre outras decisións elixiuse aos cargos previstos nos seus estatutos:
O obxectivo é facer desta Plataforma unha nova entidade global, con espírito reivindicativo pero colaborador, que trata de materializar novas solucións de carácter social e económico para saír da actual situación de crise e evitar que afecte a dereitos sociais e coberturas do Estado de Benestar.
Fonte: EAPN-ES
O día 14 de Decembro ten lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Ordinaria e electoral de EAPN-Galicia. Ademais, contaremos cun Estudo e foro de debate sobre Cómo loitar contra a Pobreza e a Exclusión en Galicia.
Seguindo os Estatutos de EAPN-Galicia, a Asemblea Xeral é o máximo órgano de goberno da asociación e está constituída pola suma de todas e cada unha das entidades asociadas, representadas por unha persoa física designada pola respectiva entidade. Ten, entre outras funcións, aprobar o plan de actividades da asociación e elixir aos membros da Xunta Directiva, aprobar a constitución das Mesas Sectoriais e Grupos de Traballo que considere axeitados.
Máis información e fotografías do Foro de debate: aquí
O 17 e 18 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Seminario “A Estratexia Europa 2020 nas Comunidades Autónomas: Dous fitos contra a pobreza e a exclusión social: 2015 e 2020” na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
O Seminario ten como principais retos: facer efectivas as políticas de loita contra a pobreza e a exclusión social, garantir a participación cidadá en todo este proceso, especialmente das persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social e determinar o papel do Terceiro Sector de Acción Social como actores das políticas sociais no contexto da crise.
Ademais, pretende situar a realidade da pobreza e a exclusión social en España e en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática, así como mostrar a importancia que un Terceiro Sector de Acción Social articulado e con capacidade de incidencia e o seu voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.
A Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN-ES), da que forma parte EAPN Galicia, así como a maioría das principais redes de organizacións non lucrativas e de voluntariado, como a Plataforma de ONG de Acción Social (POAS), a Plataforma do Voluntariado (PVE) ou o Comité Español de representantes de persoas con Discapacidade (CERMI) iniciaron un proceso de traballo conxunto que pretende impulsar unha Estratexia de Inclusión Social en España para a próxima década. Para isto, propoñen os obxectivos e medidas clave que ha de ter, así como un seguimento efectivo a nivel da comprometido pola Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomasao aprobar o Plan Nacional de Reforma.
Para máis información: preme aquí
Para ver as fotos do evento: preme aquí.
Para ver a cobertura multimedia do evento: preme aquí
Para solicitar os certificados de asistencia: preme aquí.
O sábado 24 de setembro, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, EAPN organiza o II Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva. O obxecto deste encontro de persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social é o de fomentar o intercambio de experiencias, opinións e reflexións que permitan situar a persoa e a súa participación no centro da acción pola inclusión, contribuíndo ao seu empoderamento e dignidade coma cidadáns e cidadás, apoiando as súas capacidades para comprender e reconducir as dificultades e problemas polos que atravesan.
Baixo o lema “participando e construíndo futuro” o II Encontro conta xa con mais de 70 participantes, ademais de representantes de entidades do Terceiro Sector Social Galego, especialmente con máis de 50 persoas moi diferentes pero cunha característica en común: poucas tiveron ata agora a ocasión de expresar en público a súa opinión, as súas preocupacións ou propostas: persoas con algunha discapacidade, inmigrantes, xóvenes tutelados, sen teito, de etnia xitana....
Graciela Malgesini, responsable de incidencia política de EAPN España, e experta en inclusión social, abrirá coa ponencia “Dificultades, posibilidades e retos para unha verdadeira inclusión social” os grupos de traballo no que os participantes proporán e debatiran sobre estes temas.
Pola tarde, tras unha mesa de boas prácticas de persoas que atoparon traballo a pesar da crise e das dificultades persoais, debaterase en grupo especificamente sobre ¿Cómo melloramos a nosa participación e empregabilidade?
As conclusións do II Encontro serán difundidas entre institucións públicas e forzas políticas, como xa se fixo na edición anterior, donde o Manifesto por unha Cidadanía Inclusiva, foi asumido por unanimidade no Parlamento de Galicia.
Para ver as fotografías do II Encontro de Cidadanía Inclusiva: preme aquí
EAPN organiza este I Foro coa ambición de se convertir no primeiro dos encontros de referencia en Galicia que afronten e analicen a problemática da pobreza e a exclusión social dende o triple punto de vista habitual en EAPN: europeo, español e galego.
Dirixido a responsables e persoas voluntarias de entidades de acción social así como a responsables e persoal técnico das administracións galegas, sindicatos, investigadores e comunidade universitaria, terá tres eixos condutores:
Mais de 30 especialistas a nivel europeo, estatal e galego, teñen prevista a súa participación neste Foro no Centro Social Novacaixagaicia (Praza de Cervantes. Santiago de Compostela). Difundirase ademais completa información como o informe realizado dende EAPN Galicia "Concretando a Estratexia Europa 2020 en Galicia: Retos en materia de exclusión Social"
As prazas son limitadas, polo que a inscripción previa e gratuita, poderase facer ata ao 24 de xuño, indicando nome e apelidos, DNI e institución ou entidade á que pertence se é o caso, así como a selección dos 3 coloquios aos que lle gustaría asistir. Neste enderezo:
formacion.eapngalicia@gmail.com
O detalle do programa e a documentación que se irá facilitando estará dispoñible nesta páxina.
Programa resume aquí.
O presidente de EAPN Galicia, Santiago González Avión, participou por primeira vez como membro de pleno dereito, na xuntanza ordinaria do Consello Galego de Voluntariado celebrado o 21 de marzo.
Neste Consello, entroutros aspectos, aprobouse por unanimidade o anteproxecto de Lei Galega de Acción Voluntaria. Este ditame é preceptivo para o trámite parlamentario da nova Lei . A aprobación recolleu observacións do Instituto Galego de Estatística, o concello de Ferrol e nome da FEGAMP e UXT.
EAPN-Galicia, en nome do sector social, felicitouse por seren recollidas varias das propostas enviadas no seu día ao borrador anterior do Anteproxecto de Lei, pero continuou a criticar aspectos como a definición de persoa voluntaria, esgazada das entidades de acción voluntaria, as facilidades para a Administración Pública fronte ao sector social, a súa maior representación en todos os ámbitos e a súa preeminencia na acreditación a acción voluntaria, así como polo feito de non precisar da constitución dunha entidade de acción voluntaria para promover accións recoñecidas como voluntariado.
Por outra banda, a composición do Consello, ainda que mellora cunha vicepresidencia o borrador anterior, demostra a escasa representación do sector e a sobrerrepresentación dos poderes públicos.
Na segunda parte da sesión, douse conta do comezo dos traballos do novo Plan Galego de Voluntariado e das múltiples e interesantes iniciativas previstas para a celebración do Ano Europeo de voluntariado, e a organización do Congreso Estatal de Voluntariado.
O ultimo borrador do Anteproxecto, pódese consultar aquí.
Santiago González, presidente da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) e Juan de Sola, presidente da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), presentaron hoxe a Guía de Estilo para Xornalistas: Como informar de colectivos en risco de exclusión?. Este documento inclúe recomendacións e normas de estilo para a boa praxe xornalística, centrando a atención en tres colectivos: persoas migrantes, persoas con discapacidade e comunidade xitana.
Unha guía para a toma de conciencia
Para promover a toma de conciencia por parte de editores, profesionais e estudantes de comunicación, EAPN Galicia e AGARESO organizaron o pasado 21 de outubro de 2010 o seminario “É a pobreza noticia? As persoas en risco de exclusión social nos medios de comunicación”.
Celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, esta xornada de traballo práctico serviu para detectar erros e propoñer melloras no tratamento informativo que reciben día a día as informacións relativas ás persoas en risco de exclusión social, poñendo a énfase en tres colectivos concretos: o das persoas migrantes, o das persoas con discapacidade e o da comunidade xitana. O resultado do traballo realizado durante este seminario sintetízase nesta Guía de estilo para xornalistas.
Especializarse é mellorar
No panorama actual de medios escasean os produtos informativos que analicen, reflexionen e acheguen solucións para os retos que os colectivos en risco de exclusión lle presentan á sociedade. Trátase de acudir a fontes expertas e técnicas, abandonando prácticas prexudiciais como as frecuentes enquisas a pé de rúa, que só reproducen prexuízos ou discursos exculpatorios da exclusión social.
Estes retos implican un serio esforzo de formación e actualización continuas por parte do profesional, así como un recoñecemento desta necesidade por quen exerce labores directivas nas empresas.
Ferramenta de uso diario
Esta guía quere ser unha ferramenta útil e de fácil manexo. Un documento de uso diario para corrixir defectos, despexar dúbidas e afianzar boas prácticas á hora de facer comunicación sobre a migración, a discapacidade ou a realidade xitana.
Cabe destacar que esta guía viuse enriquecida coa participación das persoas asistentes ao seminario. Tamén é debedora dun feixe de códigos de estilo elaborados por distintos colectivos e institucións, así como doutros informes e ensaios.
A Guía de estilo pódese descargar (en galego ou castelán) aquí
A Rede Galega contra a Pobreza únese á Plataforma de ONG de Acción Social, a Plataforma de Voluntariado de España, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión social no Estado español (EAPN-Es) e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) no seu rexeitamento á proposta de ‘bancarización’ das caixas de aforros españolas.
As actividades e centros das obras sociais de entidades como Novacaixagalicia, dan emprego a máis de 40.000 persoas en España e contribúen dun xeito nídio ao benestar das persoas máis vulnerables. Os 2.058 millóns de euros que as caixas destinan a proxectos sociais son garantía para a construción dunha sociedade máis xusta e cohesionada.
En tempos de crises, é preciso erradicar os factores distorsionadores e, máis que nunca, promover un relanzamento e a profundización da misión social das caixas, adaptada ás circunstancias actuais. A falla de transparencia, de control social e, en xeral, dunha xestión orientada pola mellora continua da calidade foron factores que potenciaron a desviación dos obxectivos iniciais das caixas de aforros. Neste sentido, as entidades do Terceiro Sector de Acción Social estamos dispostas a xogar un rol de apoio e supervisión que reorienten de novo a súa acción cara á mellora do benestar de todas as persoas.
Prevíronse 580 millóns de euros directamente para programas de loita contra a exclusión en 2011. Con este e outros datos, as caixas españolas sitúanse á cabeza do investimento social privado no mundo. Por tanto, as entidades do Terceiro Sector de Acción Social non podemos permitir que se ‘bancaricen’ caixas como Novacaixagalicia e se transformen en entidades dirixidas a obter lucro para os seus accionistas, abandoando a misión social pola que foron creadas.
Podes acceder ao posicionamento conxunto , descargarte un argumentario sobre este tema ou ACTUAR AGORA solicitando ao goberno que teña en conta esta petición.
Na Asemblea Xeral de EAPN Galicia celebrada o 15 de decembro, aprobouse o Plan de actuacións para o 2011. Este Plan pretende reforzar a Misión de EAPN, tras un 2010 no que se incrementou notablemente o volume de actuacións realizadas, incidindo de xeito efetivo no deseño de novas políticas e prácticas que contribúan á defensa dos dereitos e intereses das persoas en situación ou en risco de pobreza e exclusión social, promovendo cambios que optimicen os procesos de inclusión social en Galicia.
Establecéronse tres prioridades para o novo ano : Fortalecemento interno e aumento da participación, reforzo da capacidade de análise e xeración de propostas e diversificación do financiamento.
Durante a Asemblea, aprobouse por unanimidade a incorporación a EAPN Galicia da Fundación Érguete-Integración . Esta Fundación ten a finalidade de facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.
Dende o seu comezo vén desenvolvendo diferentes programas e actividades en base á formación integral dos/as usuarios/as. Trátase de proporcionarlles a formación e os recursos que lles faciliten o acceso a un posto de traballo e a súa permanencia no mesmo.
EAPN Galicia, co apoio da Fundación Galicia Europa e de EAPN España, organizan este seminario, aberto e gratuíto, o 24 de novembro na Escola Galega de Administración Publica (EGAP) en Santiago de Compostela.
E un seminario novedoso e especialmente importante pola oportunidade de coñecer a regulación e funcionamento destes fondos así como as posibilidades de facer efectiva a prevista implicación da sociedade civil na súa definición e seguimento, máxime cando con Fondos Estruturais provintes da Unión Europea se financian unha gran parte das actucións de inclusión social que se realizan en Galicia.
Contarase coa participación de expertos de EAPN Europa e EAPN España como Sali Guntín, Raul del Viso ou José Javier López ou do propio Director Xeral de Planificación e Fondos da Xunta de Galicia, Francisco Rodríguez Seijo.
Pódeste descargar o programa aquí mesmo. Para inscribirse, abonda escribir un correo antes do 19 de novembro a formación.eapngalicia@gmail.com
©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15707 Santiago de Compostela
Tfno: 881 957 284 - info@eapn-galicia.com