RSS
Ir a inicio

I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE CIDADANÍA INCLUSIVA

Pobreza e Exclusión Social en Galicia

 

EAPN Galicia convoca o seu Primeiro Concurso de Fotografía Dixital “Pobreza e Exclusión Social en Galicia” para participantes dos programas das entidades membro, participantes doutras entidades sociais, fotógrafos afecionados e fotógrafos profesionais.

O presente proxecto xurde arredor da conmemoración do ano 2010 coma Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social e do día 17 de outubro como Día Internacional de Loita contra a Pobreza e da inquedanza de poder achegar á sociedade galega, especialmente aos seus representantes, a realidade da pobreza e da exclusión social de Galicia.

A data límite para a aceptación dos traballos será o 15 de setembro.

Todas as fotografías deberán enviarse ao seguinte enderezo electrónico:       info@eapn-galicia.com

 

As mellores fotografías do concurso serán expostas no Parlamento de Galicia e noutros lugares a determinar arredor da data do Día Internacional contra a pobreza, 17 de outubro.

 

DESCARGUE AQUÍ AS BASES DO CONCURSO

Descargar documento(59,02 Kb)

Benvida

A Rede Galega contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.

EAPN-Galicia está constituída por 14 entidades representativas de colectivos vulnerables, que unen en rede os seus esforzos para acadar sinerxías e crear unha plataforma que denuncie as desigualdades sociais, que canalice e dea voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda política.

EAPN-Galicia forma parte da European Anti Poverty Network, Rede no nivel europeo que leva traballando de modo independente dende 1990.

Premio de Xornalismo do Ano Europeo 2010

Combate a pobreza e a exclusión social

A Comisión Europea creou o Premio de Xornalismo do Año Europeo 2010 para apoiar e recoñecer o labor de xornalistas que contribúen a sensibilizar e a entender mellor a pobreza e a exclusión social.

O concurso está aberto a xornalistas de prensa escrita, online e de medios audiovisuais que publicaran artígos ou emitiran reportaxes que traten sobre a pobreza e aa exclusión social na Unión Europea. Os artígos e reportaxes deberán terse publicado ou emitido entre o 1 de outubre de 2009 e o 31 de agosto de 2010 nun medio de comunicación de algún dos 27 Estados membros, Islandia ou Noruega.

Os obxectivos do Premio de Xornalismo do Ano Europeo son:

  • Premiar a calidade xornalística á hora de informar sobre a pobreza e a exclusión social
  • Difundir a campaña do Ano Europeo entre os representantes dos medios de comunicación dos 27 Estados membros, Islandia e Noruega
  • Fomentar unha maior comprensión da pobreza e a exclusión social, as súas causas e as súas posibles solucións.

¿Interésate?

Ë tan doado coma encher o formulario de inscripción online e subir a obra. O prazo para enviar as obras remata o 31 de agosto de 2010. Non haberá excepcións nin ampliacións.

Lea detidamente os requisitos para participar no concurso antes de enviar a súa solicitude. A inscripción é de balde.

 

Prema na imaxe para acceder ás Bases

Consulta Europea a Rexións e Cidades

Your Voice on Europe 2020

 

Prema na imaxe para acceder á información

O Comité das Rexións lanza unha consulta ás cidades e rexións europeas sobre a estratexia Europa 2020 – "A súa opinión sobre Europa 2020". O aporte das autoridades locais e rexionais influirá na presentación que se realizará aos líderes europeos e nacionais antes da adopción final da estratexia polo Consello en xuño. Todas as autoridades locais e rexionais da Unión Europea poden contribuir, para o cal deben enviar o cuestionario cumprimentado en calquera lingua da UE a consultation@cor.europa.eu

A data límite é o 12 de abril de 2010.

 

Descargue aquí o documento de Consulta en español

Descargar documento(240,50 Kb)

Proxecto Dono

Donacións de Software e Hardware a ONL

 

 Prema na imaxe para acceder á web

Este programa de donacións online é unha alianza entre Technosite e TechSoup Global, organización sen ánimo de lucro e ubicada en San Francisco, que vincula as donacións tecnolóxicas das principais compañías de software e hardware e o terceiro sector en España. 

O programa axuda as organizacións facendo posible a donación de software por unha pequena taxa administrativa, axudando as institucións a optimizar a compra e infraestrutura das súas TIC.

Recibir donacións de produtos tecnolóxicos, libera un pouco os axustados orzamentos que manteñen as ONG tanto para programas de tecnoloxía como de outras áreas. O software e outros produtos tecnolóxicos poden ser máis que meras adquisicións; o portal www.proyectodono.org axuda as institucións a optimizar as compras e infraestruturas TIC, ofrecéndo recursos e consellos respecto da planificación tecnolóxica, trucos e prácticas, e outros tipos de asistencia tecnolóxica.

 

O Concurso Euroscola 2010 centra a atención sobre a pobreza e a Exclusión

Convoca a Oficina do Parlamento Europeo en España

 

Prema na imaxe para acceder á Web de Euroscola

Convocado pola Oficina do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación da Comisión Europea en España está destinado a mozos de entre 15 e 18 anos.

O 2010 é o Ano Europeo contra a Pobreza e a Exclusión Social. Nesta nova edición o concurso tratará sobre estes temas. É unha bona oportunidade de achegarse á realidade dos problemas das persoas sen recursos.

Os gañadores poderán participar nunha Xornada Euroscola do Parlamento Europeo en Estrasburgo. Só hai que formar un grupo de 10 alumnos e un profesor responsable. A competición comeza o 15 de febreiro.

 

Mozos contra a Exclusión

Concurso de Fotografía

 

O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos, en colaboración co Ministerio de Educación e as Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, convoca o concurso de fotografía “Mozos contra a exclusión social”. Dirixido a alumnos de centros de Educación Secundaria e Bacherelato, este concurso de fotografía ten por obxectivo fomentar entre o alumnado a toma de conciencia ante a pobreza e exclusión social, así como o dereito a vivir con dignidade. Prazo de presentación de traballos ata o 19 de febreiro de 2010.

Descarga aquí as Bases do Concurso

Descargar documento(89,70 Kb)

PARTICIPACIÓN EFECTIVA

Resolución 1/2010

Descargar documento(51,16 Kb)

CONTRATACIÓN E TERCEIRO SECTOR

Resolución 2/2010

Descargar documento(98,22 Kb)

URXENCIA: CENTROS DE INCLUSIÓN SOCIAL

Resolución 3/2010

Descargar documento(50,98 Kb)

PROPOSTAS AO PLAN DE ACTUACIÓN SOCIAL

Xerando Reflexión

Descargar documento(118,38 Kb)

I ENCONTRO GALEGO DE CIDADANÍA INCLUSIVA

Manifesto Participantes

Descargar documento(109,50 Kb)

CONSTRUÍNDO UNHA EUROPA PARA TODOS

RENDAS MÍNIMAS

©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal

Rúa da Muíña, nº24 - 15703 Santiago de Compostela

Tfno: 981561169 - Fax: 981561142

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW