

As entidades fundadoras da REDE EUROPEA DE LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSION SOCIAL NO ESTADO ESPAÑOL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA consideran que unha sociedade civilizada, forte, integradora e democrática é aquela que respecta os dereitos humanos de todos e cada un dos seus membros, polo tanto, todas as persoas que a compoñen gozan, en igualdade de oportunidades, dos mesmos dereitos e corresponsabilízanse dos deberes que lles corresponden como membros activos da mesma. Así mesmo, entendemos que as diferenzas dos distintos membros que compoñen a sociedade deben ser aceptadas e valoradas e as necesidades que presentan no seu desenvolvemento persoal e na consecución do seu proxecto de vida deben ser tidas en conta co nivel de importancia que corresponda, a fin de que cada persoa poida exercer os mencionados dereitos e deberes e facer efectiva por tanto a súa participación social plena. Por iso, entendemos que as actuacións da nosa entidade se articularan en base aos diferentes itinerarios da persoa que constitúen un criterio axeitado para orientar as ferramentas dirixidas a favorecer a inclusión social e en base a este enfoque xeral construír a estrutura dos presentes estatutos, en particular as súas Mesas Sectoriais e os seus Grupos de Traballo.
©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15707 Santiago de Compostela
Tfno: 881 957 284 - info@eapn-galicia.com