RSS
Imprime contenidoEnviar a un amigo

NOTA: La información suministrada no se almacenará en ninguna base de datos y por tanto no será utilizada con ningún otro fin más que ser un servicio añadido al web.

EAPN - Galicia

ponte e ceo

En xuño de 1989 –e no contexto das novas políticas sociais europeas que perseguen un dereito integral e construído sobre o diálogo social- a Comisión Europea toma a decisión de establecer unha Rede Europea contra a Pobreza para introducir a problemática da exclusión social na axenda política da UE e promover así a implementación de medidas efectivas que axuden a paliar a mesma.

Dita rede debía ser independente e estar composta por grupos nacionais representativos de cada un dos Estados Membro. Deste xeito, EAPN nace en España en 1991 e refúndase en 2004 como rede de ONGs comprometidas coa inclusión dos colectivos en risco.

Trala progresiva implantación de plataformas autonómicas no territorio nacional, EAPN Galicia nace en setembro de 2008 como resposta natural á necesidade de crear para a Comunidade unha ferramenta de intervención social capaz de elaborar estratexias que incidan nas políticas sociais desenvolvidas en Galicia.

EAPN Galicia propúxose un marco estratéxico a 4 anos que combina a organización dos traballos en grupos definidos, coa elaboración de mensaxes e propostas consensuadas. Este primeiro período estratéxico é fundamental para o fortalecemento interno, a traveso da participación efectiva e do incremento paulatino do número de socios e entidades, representantes de todos os colectivos en situación de pobreza ou en risco de exclusión.

A Xunta directiva de EAPN-Galicia está composta por: David Silva (Presidente), Mónica Permuy (Vicepresidenta), Carlos Rosón (Secretario) e Antonio Hernández (Tesoureiro).

Podes atoparnos:

EAPN-Galicia

Rúa da Muiña, 24 - Santiago de Compostela

881 957 284 / 698 127 110

info@eapn-galicia.com

EAPN-GALICIA NAS REDES SOCIAIS

Dille á Unión Europea que a Auga é un Dereito Humano

Manifesto por unha Cidadanía Inclusiva 2011

Conclusión do 2º Encontro Cidadanía Inclusiva

Santiago de Compostela

24 de setembro de 2011

Descargar documento(383,23 Kb)

Mecanismos de Inclusión Social Activa

Resolución 1/2011

Descargar documento(100,79 Kb)

Proxecto de Lei de Inclusión Social

Resolución 2/2011

Descargar documento(273,39 Kb)

PROPOSTAS AO PLAN DE ACTUACIÓN SOCIAL

Xerando Reflexión

Descargar documento(223,41 Kb)

CONSTRUÍNDO UNHA EUROPA PARA TODOS

RENDAS MÍNIMAS

©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal

Rúa da Muíña, nº24 - 15707 Santiago de Compostela

Tfno: 881 957 284 - info@eapn-galicia.com

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW