


A Rede Galega contra a Pobreza é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.
EAPN-Galicia está constituída por 14 entidades representativas de colectivos vulnerables, que unen en rede os seus esforzos para acadar sinerxías e crear unha plataforma que denuncie as desigualdades sociais, que canalice e dea voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda política.
EAPN-Galicia forma parte da European Anti Poverty Network, Rede no nivel europeo que leva traballando de modo independente dende 1990 e de EAPN España
©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15703 Santiago de Compostela
Tfno: 981561169 - Fax: 981561142