

EAPN-Galicia está chamada a ocupar un espazo de interlocución coas institucións, para influír e mellorar as políticas sociais por elas deseñadas, tanto no nivel normativo, coma no estratéxico e operacional; dando pulo e optimizando a súa participación e capacidade de decisión nos órganos de asesoramento xa creados na esfera do social, ou apostando pola creación de novos espazos de negociación.
Todo isto partindo da premisa de que a propia natureza multisectorial da pobreza e da exclusión fai necesario o enfoque integrado, presente no discurso da EAPN-Galicia.
A Estratexia da EAPN-Galicia para o período 2009-2012 establece claramente a metodoloxía para a xeración de consensos no marco da Loita contra a Pobreza e a Exclusión.
A EAPN-Galicia avanza a traveso dos Grupos de Traballo que xeran as Resolucións acordadas Asembleariamente. Actualmente a EAPN-Galicia, ten en funcionamento varios Grupos, salientamos:
©2009 EAPN - GALICIA Aviso Legal
Rúa da Muíña, nº24 - 15703 Santiago de Compostela
Tfno: 981561169 - Fax: 981561142